Unha curta galega sobre illamento e saúde mental nomeada aos Premios Goya 2023

Trátase da cinta "La Entrega", dirixida por Pedro Díaz e protagonizada por Ramón Barea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/12/2022 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

A curtametraxe galega "La Entrega" foi nomeado na Categoría de Curtametraxe de Ficción nos Premios Goya 2023. Este traballo está dirixido polo amiense Pedro Díaz e co-escrito entre Díaz e Fran Carballal, da Coruña. Ambos os dous viaxarán até Sevilla o próximo 11 de Febreiro para formar parte da 37 edición da Gala organizada pola Academia do cinema español. 

O actor Ramón Barea e o director Pedro Díaz na rodaxe de La Entrega
O actor Ramón Barea e o director Pedro Díaz na rodaxe de La Entrega | Fonte: remitida

 

"La Entrega" está protagonizado por Ramón Barea - tamén nomeado aos Goya polo seu papel en "Cinco lobitos"- e conta na súa banda sonora coa voz de Toni Zenet, que recentemente lanzaba en plataformas o seu single orixinal para o curto "Volve amor". 

Entre os últimos recoñecementos desta cinta atópase o Premio Especial do Xurado no Certame Internacional de Curtos de Soria e o Premio a Mellor Guion do mesmo certame. De feito, en apenas seis meses desde a súa estrea, esta historia protagonizada por Ramón Barea foi seleccionada en máis dunha trintena de festivais nacionais e internacionais, incluíndo o prestixioso festival francés Tous Courts Aix-en-Provence e o Edmonton Filme Festival - Shorts 2022 (Canadá), recoñecido pola Academia de Hollywood como un dos festivais máis importantes do mundo.

O director amiense Pedro Díaz (Santiago de Compostela), desenvolve a súa carreira

profesional como realizador publicitario e na plataforma televisiva Movistar+. Nos últimos

anos dirixiu importantes campañas para firmas como Estrella Galicia, Netflix, La liga, Peugeot 

ou o Banco Santander e afronta aquí a súa segunda curtametraxe tras o seu anterior traballo: Mal de Sangue (2014). Esta vez faio escribindo xunto a Fran Carballal (A Coruña), Director de Contido na produtora de ficción Plano a Plano e guionista de series como Luci, La Sala, Rabia,

Servir y Proteger ou Toy Boy.

"La Entrega" é un relato agridoce sobre o illamento, a saúde mental e a comunicación. 2A historia é unha xanela aberta a unha personaxe illada. Queriamos penetrarnos no seu universo sen facer moito ruído, observalo e entender a unha xeración que ten moito máis que contar do que eles mesmos queren mostrarlle ao mundo", destaca o director nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta