O 061 asistiu a 60 persoas implicadas en 47 accidentes de tráfico ocorridos durante o fin de semana en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2022 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

O servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a 60 persoas implicadas en 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre o mediodía do venres e a medianoite do domingo.

En concreto, a Central de Coordinación do 061 recibiu estes días 69 chamadas en relación a accidentes de tráfico, que xeraron 47 asistencias. O sábado foi a xornada con máis sinistros, con 26.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou unha maior cifra de accidentes, con 24; seguida da Coruña, con 14; Lugo, onde houbo 6; e Ourense, onde tiveron lugar tres sinistros. Os recursos sanitarios mobilizados foron 58. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado foron a seis accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico acudiron a 46 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria desprazáronse seis veces.

En canto ás vítimas, o 58% eran homes. Nas idades dos feridos, o 27% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos. En 10 casos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 50 ocasións atendeuse no propio lugar do sinistro.

Imaxe dun accidente en Vigo
Imaxe dun accidente en Vigo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta