A Deputación da Coruña organiza un foro sobre incendios forestais en Galicia

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2022 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña organizará o vindeiro martes, xunto con Next Education e a European Climate Fundation, o foro 'A secuela dos incendios forestais', que terá lugar no auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Concello de Culleredo.

Un bombeiro traballa nun incendio na comarca de Salnés e o concello de Villagarcía de Arous
Un bombeiro traballa nun incendio na comarca de Salnés e o concello de Villagarcía de Arous | Fonte: Gustavo da Paz - Europa Press

Tal como informou o ente provincial, a xornada estará conducida polo xornalista Manuel Campo Vidal e comezará a partir das 09,30 horas. 

A programación inclúe diferentes relatos sobre temas como a importancia da transición ecolóxica para loitar contra os incendios. Tamén se dará voz aos territorios afectados polas vagas de incendios deste verán, como Boiro ou Barco de Valdeorras, con intervencións dos seus alcaldes.

Ademais, falarase das posibles solucións e da importancia da prevención e da loita contra o despoboamento fronte ao lume. A xornada pechará tras analizar o papel das institucións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta