Un coche queda colgado nun barranco en Cenlle con tres persoas dentro

O conductor tivo que manter o pé no freo ata a chegada dos servizos de Urxencias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2022 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

Os ocupantes dun vehículo, que quedou colgado este mércores dun barranco no municipio ourensán de Cenlle, conseguiron saír do coche con lesións de carácter leve, tras ser axudados polos corpos de seguridade.

Segundo sinalou o 112 nun comunicado, os feitos ocorreron sobre as 8,30 horas deste mércores, cando o vehículo saíu da vía e caeu por un barranco na parroquia de Sadurnín en Cenlle.

O condutor do vehículo foi quen chamou ao 112 e indicou que "se soltaba o freo caían polo desnivel". Así, o condutor e os outros dous ocupantes, ante o perigo de caer polo barranco, tiveron que manter as súas posicións ata que se iniciaron as manobras de rescate.

Ata o lugar dos feitos desprazáronse os Bombeiros do Carballiño e os membros do GES de Ribadavia, co obxectivo de asegurar o vehículo para que os ocupantes puidesen saír de maneira segura. Tamén participaron no operativo os axentes da Garda Civil de Tráfico, para tratar de coñecer os detalles do accidente.

Os ocupantes do vehículo recibiron asistencia médica do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ademais, todos foron trasladados ao centro de saúde de Cenlle, tras presentar lesións de carácter leve.

Coche nun barranco
Coche nun barranco | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta