O hidróxeno verde é un recurso estratéxico para o impulso sustentable de Galicia, con tres proxectos xa aprobados

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2022 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reuniuse este mércores coa Asociación Galega do Hidróxeno (AGH2) co obxectivo de analizar o "gran impulso do Goberno ao desenvolvemento sustentable de Galicia" co hidróxeno verde como recurso estratéxico.

Segundo sinalou a Delegación do Goberno nun comunicado, no encontro analizouse a transcendencia do tres proxectos estratéxicos de hidróxeno verde xa aprobados no marco do Plan de Recuperación.

Estes proxectos sitúanse concretamente nas Pontes, Caldas e Vigo e contan cun investimento total próximo aos 32 millóns de euros dos Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) de Enerxías Renovables, Hidróxeno Renovable e Almacenamento (ERHA).

Nesta liña, Miñones subliñou que tanto estas plantas como as futuras posibilidades do hidróxeno verde en Galicia son "estratéxicas e vitais para crear emprego de calidade, garantir a transición enerxética e afianzar o futuro da industria galega".

Así mesmo, o delegado do Goberno coincidiu co presidente de AGH2, José Ramón Ferreiro, e o secretario, Marcos Martínez, en que a descarbonización é un obxectivo "determinante para o desenvolvemento sustentable", mentres que o hidróxeno renovable é "gran oportunidade para Galicia".

Ademais, valoraron a colaboración público-privada e AGH2 púxose a disposición do Goberno en tarefas de asesoramento e formación.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones,  este mércores co presidente e o secretario da Asociación Galega do Hidróxeno
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, este mércores co presidente e o secretario da Asociación Galega do Hidróxeno | Fonte: Delegación do Goberno

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta