Lugo e A Coruña, en risco por choiva, ondadas, treboadas e vento

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 07/12/2022 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

A Coruña e Lugo estarán en alerta este xoves festivo de decembro por fortes ventos, treboadas, ondadas e choivas. 

Debido á acción dunha borrasca situada ao oeste da Península, espéranse ceos anubrados ou cubertos, con choivas e chuvascos case xeneralizados, que poderán ter certa intensidade e ser persistentes en amplas zonas da vertente atlántica galega. 

As cotas de neve manteranse altas, ao redor dos 1.800-2.000 metros no terzo norte e por encima dos 2.000 metros no resto.

En canto ás temperaturas, as diúrnas terán un acusado descenso nas máximas, aínda que subirán as mínimas coa chegada das chuvias.

Fortes ventos e  ondada na Coruña
Fortes ventos e ondada na Coruña | Fonte: M. Dylan

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta