Critican os bonos de comercio anunciados por Jácome en Ourense por non existir bases nin convocatoria

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/12/2022 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

O PSdeG e o BNG de Ourense criticaron os bonos para comercio e hostalaría da cidade, anunciados este mércores polo alcalde, Jacobo Pérez Jácome, ao carecer de bases nin convocatoria para acceder aos mesmos.

Estas reaccións prodúcense despois de que Jácome asinase este mércores un convenio de colaboración para pór en marcha un programa de bonos co propósito de dinamizar e incentivar o consumo nos comercios e establecementos de hostalería da cidade das burgas. En total, o goberno local destinará a esta acción uns 10 millóns de euros.

Así, o PSdeG-PSOE de Ourense acusou a Pérez Jácome nun comunicado de "incumprir descaradamente" a súa promesa sobre o programa de bonos, xa que non estarán dispoñibles ata xaneiro de 2023.

Nesta liña, os socialistas advertiron que solicitarán todos os informes que avalan esta nova campaña "que en pouco se parece ao inicialmente acordado e consensuado". Ademais, acusaron a Jácome de levar a cabo unha "campaña de empadroamento encuberta".

Pola súa banda, o portavoz nacionalista e candidato á alcaldía Luís Seara criticou "a incapacidade e incompetencia" do goberno municipal por "non xestionar as axudas en tempo e en forma", así como por usar "unha práctica de dubidosa legalidade".

Ademais, Seara pediu nun comunicado que se determine un límite de cantidade de gasto por local e un límite por sector de actividade "para evitar o ocorrido coas axudas a libros e nas que unha soa libraría acaparou ao redor do 70 % das axudas".

O Concello de Ourense destina 10 millóns para incentivar o consumo no comercio e a hostalaría da cidade
O Concello de Ourense destina 10 millóns para incentivar o consumo no comercio e a hostalaría da cidade | Fonte: Concello de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta