Rueda defende a súa visita a unha residencia privada: é "complementaria" a "seguir ofertando prazas públicas"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2022 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu a visita realizada o pasado luns á inauguración da residencia privada A Raiola-San Marcos de Santiago, porque é "complementario" a traballar para "seguir ofertando prazas públicas" en centros de terceira idade.

Preguntado sobre as críticas por esta visita (á que tamén acudiu o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, entre outros) na rolda de prensa posterior á reunión do Goberno galego deste mércores, Rueda recoñeceu que estas instalacións ofertan 100 prazas novas que están "a disposición" de "aqueles que poidan estar" por habelas pago. Ademais, destacou que implicará 50 novos postos de traballo.

Non en balde, o presidente galego lembrou que ese mesmo día, o luns, visitou tamén o Alda Hotels Santa Tegra da Guarda (Pontevedra), un "hotel privado".

"Desde o punto de vista de acompañar a iniciativas empresariais, creo que a Xunta sempre ten que estar aí con independencia de que sexa complementario ao labor de seguir ofertando prazas públicas", sentenciou.

Por iso, Rueda insistiu en que "é complementario" este apoio á residencia privada de Santiago con ese traballo. De feito, reivindicou que dende 2009 "duplicáronse" as prazas públicas en centros de maiores galegos. "E imos seguir nese camiño", apostilou.

E é que, ademais de avalar que aquelas residencias de iniciativa privada poidan realizar esta actividade, o presidente da Xunta subliñou que a Administración galega tamén ofrece "unha axuda" para que os maiores poidan acudir a estas residencias. "Todo é complementario", recalcou.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, este luns na inauguración da residencia de maiores Raiola-San Marcos
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, este luns na inauguración da residencia de maiores Raiola-San Marcos | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta