Colisión múltiple de cinco coches na AG-56, en Santiago

Non houbo feridos de gravidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2022 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

Cinco vehículos víronse implicados este venres nunha colisión múltiple ocorrida no quilómetro 3 da autovía AG-56, ao seu paso por Santiago de Compostela, sen que se rexistraron danos persoais.

Segundo trasladou o 112 Galicia, o sinistro produciuse minutos antes das 08,00 horas. Nese momento, un particular informaba á central de emerxencias de que acababa de presenciar unha colisión con cinco vehículos implicados.

Pouco despois, un dos implicados no sinistro contactaba tamén co 112 para comunicar que todas as persoas se atopaban ben.

Accidente múltiple
Accidente múltiple | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta