Celebra a chegada do Apalpador con promocións nos dominios .gal

O prezo máximo por un ano será de 10 euros + IVE.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/12/2022 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

PuntoGal celebra a chegada do Nadal cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes desde o día 12 e ata o 29 de decembro. 

Campaña do PuntoGal para celebrar a festa do 25 de xullo
Campaña do PuntoGal para celebrar a festa do 25 de xullo | Fonte: dominio.gal

Para poder aproveitar a promoción de desconto nos prezos do .gal que trae o Apalpador, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Blacknight, Arsys, Dinahosting, INWX, CDMon, Openprovider, Radia e OVH.com, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás súas necesidades. Toda a información atópase na páxina www.dominio.gal/promocions/.

PuntoGal, que xa supera os 6.700 dominios rexistrados, segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran visibilizarse na rede como parte da comunidade galega poidan facelo cun prezo competitivo. A campaña, centrada na figura do Apalpador, foi redeseñada por Xoana Pousa creadora multidisciplinar coruñesa formada en Belas Artes, coñecida tamén coma Cuchiflainas polo seu proxecto de roupa, accesorios e ilustración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta