A Xunta di que unha suba das peaxes da AP-9 non é "asumible nin admisible"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2022 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, instou este venres ao Goberno central a tomar unha decisión "canto antes" sobre a subida das peaxes da AP-9, condicionados polo IPC, xa que "de non facerse, unha persoa cun vehículo lixeiro para o traxecto entre A Coruña e Vigo terá que pagar máis de 19 euros".

Vázquez indicou que para a AP-9 unha subida que cifrou en "un 9%" en 2023 "non é asumible nin admisible". Así, insistiu en que o Executivo de Pedro Sánchez "ten que pasar do estudo ás decisións".

Nesta liña, subliñou que só quedan 20 días para que termine o ano e que a subida das peaxes era "previsible" e "tiña que estar estudada". Ademais, a titular de Infraestruturas lembrou que a Xunta comunicou o pasado mes de setembro que ía conxelar as peaxes de competencia autonómica porque "a situación económica é moi complexa".

Retencións na AP-9, nas inmediacións do Instituto Feiral de Vigo, con motivo da feira Conxemar.
Retencións na AP-9, nas inmediacións do Instituto Feiral de Vigo, con motivo da feira Conxemar. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta