Só catro de cada dez prazas hoteleiras en Santiago se cubriron no mes de novembro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2022 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

Os hoteis de Santiago pecharon o pasado mes de novembro cunha ocupación media do 42,25 %, segundo os datos feitos públicos pola Asociación Hostalaría Compostela.

En concreto, a maior parte dos viaxeiros aloxados durante ese mes foron nacionais (o 64,29 %), mentres que os estranxeiros supuxeron o 35,71 %.

Para decembro, a falta das reservas de última hora, a previsión é dunha ocupación do 26,73 % para o conxunto do mes e de case un 20 por cento para a noite de fin de ano.

Hotel Rua Villar, Santiago
Hotel Rua Villar, Santiago | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta