Hifas da Terra , ou como facer negocio coas setas en Galicia

Xurdida do labor investigador universitario, é un modelo de transferencia de resultados da innovación ao mercado.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/11/2014 | Actualizada ás 22:31

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, puxo hoxe como exemplo de “innovación e de dinamización da actividade económica no eido rural” á empresa Hifas da Terra que, xurdida da investigación universitaria fai pouco máis dunha década, se configura como un referente na elaboración de produtos micolóxicos.

Instalacións de Ifas na Terra
Instalacións de Ifas na Terra

Neste sentido, explicou, a empresa está a aplicar a I+D aos diferentes produtos que configuran as tres facetas das súa actividade: a alimentaria, a forestal e a micoterapéutica. Deste xeito, “está a ser tractora doutras economías, fixando emprego no rural e desenvolvendo un ámbito de actividade económica moi importante”. 

Durante a visita ás instalación da compañía pontevedresa, na que estivo acompañado polo delegado territorial, José Manuel Cores Tourís, o conselleiro resaltou tamén a transferencia de resultados da innovación ao mercado e a potenciación do talento galego, o que lle permite a Hifas da Terra xerar emprego cualificado contando cun 60% de empregados de alta cualificación.

Neste traballo, a Consellería está a acompañar a Hifas da Terra, tanto a través da Axencia Galega de Innovación como do Igape. Isto tenlle permitido reforzar a súa cooperación con outras empresas e centros de coñecemento, participando nas dúas edicións do programa Conecta Pemes, ou seguir investindo na mellora de procesos e produtos.

Así mesmo, resaltou Conde, a empresa está sabendo “mirar noutros mercados o seu futuro”. Neste contexto, sinalou, Hifas da Terra exporta xa o 10% da súa produción a mercados como Francia, Italia ou Portugal, tarefa para a que ten contado tamén co apoio do Goberno galego.

Produtos eleabo de elaborados con setas de Hifas da Terra
Produtos eleabo de elaborados con setas de Hifas da Terra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta