O Sergas anuncia que 1.300 profesionais sanitarios pasarán a ser persoal fixo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2022 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Un total de 1.311 traballadores sanitarios tomarán posesión este luns, 12 de decembro, das prazas fixas de emprego no Sergas, tras superar as probas de selección en hospitais, centros de saúde e entidades como o 061 de urxencias.

Entre elas, segundo trasladou a Conselleria de Sanidade ,966 persoas son persoal facultativo especialista e 318 técnicos sanitarios. Así mesmo, 700 traballadores continuarán no seu centro de traballo actual mentres que 405 optarán por desprazarse.

Ademais, 101 profesionais traballarán por primeira vez no Sergas por mor desta convocatoria. Así mesmo, coincide coa adxudicación dos postos derivados do concurso de traslado, coa incorporación da Oferta Pública de Emprego (OPE), de 85 prazas especializadas de persoal facultativo e 29 para técnicos sanitarios.

Sanitarios no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Sanitarios no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo | Fonte: SERGAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta