262 incidencias en Galicia polo temporal

As que máis se repetiron foro caídas de árbores e a acumulación de auga en estradas, rúas e vivendas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/12/2022 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

As intensas choivas e o forte vento provocados pola borrasca Efrain deixaron, este luns en Galicia, un total de 262 incidencias, contabilizadas pola Central de Atención ás Emerxencias 112, entre as rexistradas durante a xornada da mañá e as 92 entre as 13 e as 18 horas.

Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro
Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro | Fonte: Gustavo de la Paz - Europa Press.

As máis frecuentes foron, segundo o balance do 112, as relacionadas coa circulación, sobre todo, como consecuencia da caída de árbores ou pólas, aínda que ningunha delas foi de gravidade.

A provincia máis afectada nas últimas horas foi a de Pontevedra, na que se produciron máis da metade das incidencias inscritas. 

A maioría das incidencias estiveron relacionadas coa caída de árbores, ramas e outros obstáculos, como restos de accidentes ou algunha bolsa de auga que puideron provocar alteracións na circulación nas vías de Pontevedra e Ourense, fundamentalmente.

A borrasca Efrain deixou choivas de máis de 60 litros por metro cadrado en zonas das provincias de Pontevedra. 

O temporal tamén está a deixar fortes ventos en toda Galicia con refachos de máis de 120 km/h en lugares como Castro Vicaludo, no municipio pontevedrés de Oia (127,5 km/h) ou na Gándara, no concello coruñés de Vimianzo (125 km/h).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta