A Xunta rexeita a repartición de cotas de pesca para 2023

A conselleira do Mar advirte de que "o que hai ata o momento" nas negociacións "é insatisfactorio totalmente" para Galicia.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/12/2022 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, advirte de que "o que hai ata o momento" nas negociacións para establecer a repartición de cotas de pesca para 2023 "é insatisfactorio totalmente" para Galicia.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana
A conselleira do Mar, Rosa Quintana | Fonte: XOÁN CRESPO - Xunta.

Antes de reunirse co ministro de Pesca, Luís Planas, a titular do departamento galego sinalou que "a verdade é que lamentablemente" a nova proposta recibida esta mañá "non aclara moito máis do que xa había". "Non resolve", avisa, "os problemas que xa había nin co xurelo nin coa anguía". Por iso, a representante do Goberno galego está "a pedir ao ministro que siga buscando apoios para poder defender a postura de Galicia e España" na Unión Europea.

É unha cuestión "complexa", segundo constata, porque a nova proposta, no relativo ao xurelo, "suprime a flexibilidade que viña existindo de poder capturar en 2023 o 5% das posibilidades de captura de 2024 e tampouco permite a flexibilidade de que, no caso de que non se poida pescar en 2023, pasar ata un 10% a 2024". "Por tanto, dificulta máis a xestión e non soluciona a xestión de 2023", subliña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta