As mellores ideas para agasallar cando se ten pouco tempo e presuposto limitado

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 13/12/2022 | Actualizada ás 04:00

Comparte esta noticia

O Nadal está xa á volta da esquina e pensar nos agasallos, atopar o intre ideal para comprar todo o que se precisa para desfrutar destas festas e, sobre todo, axustarse a un presuposto podo resultar complicado en moitas ocasións. Así que, se queres descubrir ideas interesantes para os teus regalos continúa lendo, sorprenderaste.

Agasallos de Nadal
Agasallos de Nadal | Fonte: Smartbox

SET DE BELEZA

Se non tes demasiado tempo nin un presuposto elevado para os teus agasallos de Nadal unha idea interesante coa que de seguro acertarás é preparar o teu propio set de beleza. Compra cremas, accesorios de cabelo ou todo o que sepas que lle pode interesar a esa persoa na que estás pensando, e monta a túa propia cesta de regalo. É un agasallo totalmente personalizable co que de seguro acertarás.

KIT DE DESCANSO

O día a día pode resultar esgotador en non poucas ocasións. Dispor de tempo para nós mesmos non sempre é tarefa sinxela, polo que un dos mellores agasallos de Nadal que podes facerlle aos teus seres queridos é un kit co que atopen o descanso que tanto precisan. Para poder darlle vida a ese regalo só tes que pensar nas cousas que a esa persoa lle poden gustar. Dende unhas zapatillas quentiñas e cómodas para a casa ata uns calcetíns acompañados por unha crema relaxante poden dar vida a ese kit co que tamén acertarás seguro.

GALLETAS FEITAS NA CASA

Se a persoa á que tes que facerlle o regalo adora as cousas doces, un agasallo moi especial poden ser unhas galletas feitas na casa. É un regalo único que demostra que coñeces os gustos desa persoa e co que tamén amosas que invertiches tempo en preparar algo especial expresamente para ela. Podes elixir formas variadas navideñas e facer galletas dos seus sabores favoritos. Un regalo do máis doce co que sorprender e namorar.

SET PARA OS AMANTES DO CAFÉ

Se a persoa á que tes que facer un regalo é amante do café, un agasallo moi especial para estas festas é un set de tazas ou un termo co que poida degustar a súa bebida favorita en calqueira lugar. Un regalo que se amolda aos presupostos máis axustados e que fará as delicias dos amantes desta bebida.

UN POUCO DE AROMATERAPIA

Os amantes das diferentes técnicas de relaxación son uns candidatos perfectos para ser obsequiados cun set de aromaterapia nestas festas. Compra unhas velas aromáticas cos seus aromas favoritos, uns aceites esenciais e monta unha caixa que transportará a esa persoa a un nivel superior de relaxación e confort.

KIT DE DEGUSTACIÓN

Un agasallo moi orixinal para os amantes dos sabores novos é unha miniatura cunha bebida que non probase nunca xunto cuns chocolates ou unhas noces. Podes empaquetalo todo nunha caixa de cores vivas, seguro que non se espera o contido cando a abra. Un regalo moi navideño co que acertarás 100 %.

KIT PARA A VOLTA Á OFICINA

Se a persoa á que tes que obsequiar adora o seu traballo podes regalarlle algún obxecto co que facer o seu día a día moito máis cómodo. Unha pluma nova, un bolígrafo personalizado ou unha libreta co seu nome poden facer as delicias desa persoa especial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta