A Xunta aposta pola inmersión en inglés

O conselleiro de Educación destaca a experiencia altamente positiva da inmersión na lingua de Shakesperare.

Por Galicia Confidencial | Compostel,a | 19/11/2014 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Cursos de inglés en Galicia. Unha total inmersión lingüística para que os rapaces galegos acaben dominando a lingua de Shakespeare. Esa é a oferta educativa que, ano tras ano, incrementa a Consellería de Educación. O seu titular, Xesús Vázquez, suliñou que estes programas de inmersión lingüística están a servir para mellorar a competencia dos alumnos galegos en lingua inglesa.

Jesús Vázquez presentando un curso de inmersión lingüística en inglés
Jesús Vázquez presentando un curso de inmersión lingüística en inglés | Fonte: xunta.es

“É unha experiencia altamente positiva", suliñou Vázquez aos medios de comunicación no transcurso dunha visita ao Centro de Excelencia para a Formación en Inglés na terra de Feijóo, Os Peares, precisamente para comprobar como están a aproveitar os alumnos a estancia nesas instalacións para mellorar a súa competencia no uso da lingua inglesa.

Trátase dunha inmersión total, cento por cento en inglés, porque os alumnos desde que se levantan ata que se deitan, están acompañados en todo momento por auxiliares de conversación de fala inglesa, ademais de realizar actividades extraescolares e deportivas”, indicou.

Por iso, o conselleiro presumiu do esforzo" que está a realizar a Xunta de Galicia para que os alumnos poidan dispor destas "xornadas de inmersión completa nesa lingua". Ademais, lembrou que, grazas a esta iniciativa, están a realizarse "dentro de nosa propia Comunidade", cando "hai anos desenvolvíanse fóra de Galicia", o que lle posibilita á Xunta "traballar con empresas de aquí".

Actualmente hai 77 alumnos de cinco centros" participando nas estancias de outono, que teñen unha duración dunha semana e que, en principio, van destinadas a un total de 400 alumnos de sexto de primaria e o catro cursos da ESO. Nos meses de verán,  foron 600 as prazas convocadas pola Consellería de Educación e, nese caso, os cursos tiñan unha duración de dúas semanas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

8 Manolo de Rebordechán

Non está ben que un Conselleiro de Educación de Cultura, máxima autoridade na materia en GALICIA, que ande a fomentar ó alcoholismo polas adegas do Ribeiro, que está aí, nos videos, nos medios, que ó alcoholismo é un dos máis graves problemas da sociedade actual, crea a VIOLENCIA DE XENERO, accidentes de tráfico, canto tetrapléxico ai en Toledo, cantas cruces nas carreteiras polos mortes, canto custa a seguridade social polas enfermedades crónicas que motiva, ó Estado, por todolos perxuicios derivados que ocasiona, pois éste Conselleiro de Educación é Cultura, fomenta é alcoholismo, é un se pregunta, como pode ir a un centro educativo, con ese precedente, en outro País, tiña que ter dimitido XA. Que expliación lles da os cativos, non é de extrañar que escomencen co botellón os once anos, con un Conselleiro, que anda polas adegas a beber as once de mañan.

7 Vaiche boa

Coma sempre: axudando aos amiguetes!!! Unha empresa de... Esa inmersión non vale para nada, hai que dotar aos centros de persoal e medios para que o ensino do inglés sexa realmente efecivo. Esto é gastar cartos e un "brindis ao sol".

6 Jesucristo (p-m)

In English, please.

1 please please plas

Non pidas English porque non hai inglés. Trátase simplesmente doutro truco para evitar o galego.

5 O Príncipe dos Mouros

Noutras palabras: Contratar estranxeiros ex professo, condenarnos aos licenciados en inglés de aquí á emigración e destruír o sector do inglés, que é fundamentalmente privado. QUE ALGUÉN QUITE A ESTA PANDA DE PASMÓNS DO GOBERNO DA XUNTA! http://bajolaatmosferadeurano.blogs...

4 mudar o bwana

Nacionalismo británico fora da GZ, ou melhor nom, nacionalismo británico sim. Postos a ser unha colonia, melhor escolher o que nom é Espanha.