Xunta e universidades asinan convenios por case 9 millóns para o financiamento estrutural da rede de investigación

Son cinco millóns específicos para o oito centros de investigación e outros catro para gastos dos servizos universitarios

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2022 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

A Xunta e as tres universidades públicas galegas asinaron este martes senllos convenios de colaboración, cunha dotación que en total alcanza o caso 10 millóns de euros, para asegurar o financiamento estrutural da rede de centros de investigación.

O acto, celebrado no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago, estivo protagonizado polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e polos tres reitores: Antonio López (Universidade de Santiago de Compostela), Julio Abalde (A Coruña) e Manuel Reigosa (Vigo).

O conselleiro destacou que o montante económico que recollen os dous convenios busca "contribuír ao financiamento basal" dos centros de investigación acreditados, para así achegar "estabilidade" e incrementar "a colaboración" dentro do sector público a favor do I+D+i galego.

En concreto, hai un primeiro acordo por uns 5 millóns de euros destinados ao oito institucións: o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (Ciqus), o Centro de Investigación en Medicamento Molecular (Cimus), o Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (Citius) e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (Igfae), da USC; o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicacións AtlantTic, o Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) e o Centro de Investigacións Mariñas (CIM), da UVigo; e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (Citic), da UDC.

A este montante súmase un segundo convenio, por uns 4 millóns, para financiar especificamente o funcionamento dos servizos e infraestruturas científico-tecnolóxicas das universidades, o que abarca tanto a contratación de persoal como diversos gastos (electricidade, seguridade e mantemento), compra de equipamento e licenzas, entre outros fins.

Durante o acto, Román Rodríguez destacou a "intensidade e a forza" que ten o sistema investigador galego, no que cumpren un papel crave os oito centros acreditados, cunhas 1.800 persoas traballadoras. De feito, deu o dato de que, nos últimos tres anos, estas institucións lograron unha "repercusión positiva próxima aos 80 millóns de euros en proxectos competitivos".

"APOSTA MOI INTENSA" POLA INVESTIGACIÓN

Como portavoz dos reitores falou o da USC, Antonio López, quen agradeceu a "aposta moi intensa" da Xunta pola investigación a través dunha rede institucional que, "ademais de xerar coñecemento, serve tamén para dinamizar o tecido produtivo e xerar riqueza".

López encomiou os acordos asinados este luns porque inciden nas "necesidades" que xeran estruturalmente os centros e sistemas de investigación, profundando en buscar fórmulas de financiamento "que deixen de ser estritamente subvencións para proxectos concretos" que teñen que competir con outros a nivel rexional, nacional ou europeo.

Así mesmo, o reitor da USC aproveitou para manifestar a súa aposta polos contratos indefinidos para o persoal investigador en detrimento dos de obra e servizo. "Iso xa non pode seguir así", remachou.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asina dous convenios cos reitores das tres universidades públicas galegas: Antonio López (Santiago), Manuel Reigosa (Vigo) e Julio Abalde (A Coruña)
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asina dous convenios cos reitores das tres universidades públicas galegas: Antonio López (Santiago), Manuel Reigosa (Vigo) e Julio Abalde (A Coruña) | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta