O teatro de 'Nadal en rede' percorrerá un ano máis Galicia con catro espectáculos para "os máis pequenos"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2022 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta presentou este xoves o proxecto 'Nadal en Rede' que, por noveno ano consecutivo, leva a ao redor de 30 localidades catro actuacións diferentes en galego con temática do Nadal destinados ao público infantil.

Este proxecto de dinamización lingüística conta este ano con 33 sesións de catro representacións teatrais e musicais. Actividades dirixidas aos "máis pequenos" para celebrar estas "datas tan especiais" en galego.

Así o afirmou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín González, na presentación desta campaña no Pazo de San Roque (Santiago), acompañado dos protagonistas de dous dos espectáculos que percorrerán a comunidade durante as próximas datas: 'Fazulas e o ladrón de paraugas' e 'O Apalpador e os Monifantes'.

O responsable da Xunta destacou o "éxito" que cada ano ten esta campaña organizada pola Rede de Normalización Lingüística e que conta con artistas e profesionais de "recoñecido prestixio" que teñen no galego a "base da súa creatividade".

O proxecto ten por obxectivo expandir a cultura, co galego como lingua vehicular, entre o público infantil e xuvenil, que é o que "máis goza destas festas".

'Fazulas e o ladrón de paraugas' é unha actuación protagonizada por Luís Campos, baseada no libro homónimo de Xosé Lueiro. O espectáculo conta a viaxe iniciada polo gato Fazulas na súa teima por saber de que cor é o vento. Para darlle resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura sobre a empuñadura dun paraugas.

Este espectáculo estará presente nos municipios de Campo Lameiro (sábado 17), Salceda de Caselas (mércores 21), Poio (xoves 22), Vigo (venres 23), Foz e Rodeiro (mércores 28), Valdoviño (xoves 29), Laracha e Lalín (venres 30).

Pola súa banda, 'O apalpador e os Monifantes' é unha proposta orixinal que combina unha figura típica do Nadal galego, O Apalpador, con música en galego e monicreques danzantes que fan participar ao público.

'Os Monifantes' actuarán en Malpica de Bergantiños (domingo 18), Boiro (venres 23), O Porriño (sábado 24), Cospeito (mércores 28) e Carballeda (venres 30).

A estas actividades sumar 'O Son do Berce', un espectáculo destinado a bebés de entre cero e tres anos, que terá presenza en cinco localidades galegas: Ribeira (17), Narón (mércores 21), O Carballiño (venres 23), Monforte de Lemos (martes 27) e O Barco de Valdeorras (xoves 29).

A tradicional 'Xira de Nadal dos Bolechas', que cada ano participa nesta campaña de final de ano, tamén está incluída no calendario.

Os Bolechas
Os Bolechas | Fonte: Bolanda

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta