Buscan a Daniela, de 16 anos, desaparecida desde fai dez días na Coruña

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2022 | Actualizada ás 09:48

Comparte esta noticia

Os familiares e achegados de Daniela González Domínguez, de 16 anos, solicitan axuda para tratar de dar co paradoiro desta adolescente que falta da súa casa na Coruña desde o pasado 5 de decembro.

Segundo a descrición facilitada polos seus achegados a través de SOS Desaparecidos, a menor mide 1,60 de estatura e é de complexión delgada. Ademais, ten o pelo castaño e longo, os ollos tamén castaños e leva un piercing no nariz.

Daniela González Domínguez, adolescente de 16 anos desaparecida na Coruña. SOS DESAPARECIDOS
Daniela González Domínguez, adolescente de 16 anos desaparecida na Coruña. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta