No que vai de ano recibíronse 28 chamadas de teléfonos portugueses en Galicia por problemas de saúde na zona transfronteiriza

Galicia e o Norte de Portugal ampliaron este mércores a súa colaboración transfronteiriza no ámbito das urxencias sanitarias, despois da firma dun Memorando de entendemento entre o Instituto Nacional de Emerxencia Médica de Portugal e a Consellería de Sanidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2022 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

Galicia e o Norte de Portugal ampliaron este mércores a súa colaboración transfronteiriza no ámbito das urxencias sanitarias, despois da firma dun Memorando de entendemento entre o Instituto Nacional de Emerxencia Médica de Portugal e a Consellería de Sanidade.

Segundo explicou a Xunta nun comunicado, entre os avances acordados está o establecemento das bases sobre as que se efectuarán as actuacións en caso de necesidade de asistencia sanitaria urxente.

Nesta liña, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, indicou que "se mellora o seguemento e a continuidade asistencial do paciente, independentemente de onde ocorra o suceso", e "optimízanse os recursos de ambos os territorios no caso de incidente con múltiples vítimas".

Comesaña lembrou que desde 2014 existe un Protocolo de colaboración transfronteirizo entre a Administración Rexional de Saúde do Norte de Portugal e a Xunta de Galicia, "para actuar conxuntamente ante determinadas emerxencias".

Así mesmo, mencionou que, "desde hai polo menos 12 anos", Galicia e Portugal traballan conxuntamente en materia de emerxencias, unha colaboración que se materializou nos ARIEM 112 e, posteriormente, ARIEM Plus.

Deste xeito, o titular de Sanidade apuntou que, no que vai de ano, "recibíronse 28 chamadas de teléfonos portugueses na Central de coordinación galega por problemas de saúde de cidadáns na zona transfronteiriza". Así, puntualizou que se trata da cifra máis alta dos últimos tres anos.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, este mércores durante a firma dun Memorando de entendemento entre o Instituto Nacional de Emerxencia Médica e a Consellería de Sanidade
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, este mércores durante a firma dun Memorando de entendemento entre o Instituto Nacional de Emerxencia Médica e a Consellería de Sanidade | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta