Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2022 | Actualizada ás 10:54
Os equipos de emerxencia rescataron na mañá deste venres a unha muller e a unha nena despois de que o vehículo no que viaxaban saísese da estrada e acabou no río, en Lalín.
Ocorreu pasadas as 8,00 da mañá na estrada de Cresante ao polígono industrial do municipio. Segundo informa o 112 Galicia, foi a propia afectada a que chamou á central de emerxencias para pedir axuda. Indicaba que con ela viaxaba unha menor que aparentemente estaba ben, aínda que era difícil precisalo porque o coche estaba envorcado e tiña pouca mobilidade e visibilidade.
Seguidamente, os xestores do 112 puxeron en marcha un operativo con participación dos bombeiros de Deza e o GES de Lalín. Á súa chegada, os equipos comprobaron que o coche tiña xa o motor metido na auga.
As dúas ocupantes lograron saír do vehículo con axuda para recibir a asistencia médica necesaria. A nena atopábase en bo estado de saúde, mentres que a condutora necesitou traslado ao centro de saúde do municipio. Ata o lugar do sinistro tamén acudiron axentes da Garda Civil de Tráfico e foi informada a Policía Local.
RESCATE EN SANTA COMBA
Por outra banda, no municipio coruñés de Santa Comba, os bombeiros tiveron que intervir para liberar a outra condutora que quedou atrapada no seu automóbil tras envorcar na AC-400, ao seu paso por Montouto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.