A creación de empresas sobe un 8% en novembro en Galicia, segundo un estudo de Informa D&B

Por E.P. | VIGO | 16/12/2022 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

A creación de novas empresas aumentou en Galicia o pasado mes de novembro nun 8%, o que supón 308 novas compañías en Galicia, un incremento que se sitúa un punto por baixo da media estatal.

Así o reflicte o Estudo sobre Demografía empresarial realizado por Informa D&B, a filial da empresa líder na subministración de información comercial, financeira, sectorial e de mercadotecnia Cesce.

O informe sinala que, no que vai de ano, ata o mes de novembro creáronse un total de 3.458 empresas en Galicia, un 5% por baixo do mesmo período en 2021, un descenso superior á media en toda España, que se sitúa no 2%.

A construción e as actividades inmobiliarias e o comercio son os dous sectores que maior número de creacións acumulan desde xaneiro en Galicia, 681 e 718, respectivamente. Por provincias, A Coruña é a que máis novas empresas suma, cun total de 1.444, seguida de Pontevedra con 1.332, Lugo con 355 e, finalmente, Ourense con 327.

En canto ao investimento de capital en Galicia durante o primeiros once meses do ano, esta chegou aos 168 millóns de euros, o que supón un descenso do 16%, caída que se agravou no mes de novembro cunha baixada do 44%, cando no conxunto do país ascenderon un 4% no acumulado e un 142% en novembro.

Traballando en Primux, empresa tecnolóxica galega que fabrica ordenadores
Traballando en Primux, empresa tecnolóxica galega que fabrica ordenadores | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta