Galicia ten a peor tasa de actividade entre as persoas con discapacidade de toda España

Entre 2020 e 2021 as persoas con discapacidade en activo foi en descenso.

Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 08/01/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Galicia convertiuse no 2021 nunha comunidade un pouquiño peor para vivir para as persoas con discapacidade. Para poder vivir hai que ter as necesidades básicas cubertas, e para ter as necesidades básicas cubertas é preciso traballar. Sen embargo, cando tes unha discapacidade (do tipo que sexa, pero aínda máis se é visible) non sempre é tarefa sinxela acceder a una profesión.

Empregado con discapacidade unha empresa
Empregado con discapacidade unha empresa | Fonte: ONCE

De ahí que dende o Goberno se impulsen cada ano certas axudas e subvencións para que as empresas poidan contratar persoal con discapacidade de forma que lles resulte rentable. Así garántese tamén a integración social deste colectivo na sociedade. Mais, tal e como amosan os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) esta mesma semana, entre 2020 e 2021 o número de persoas con discapacidade en activo foi en descenso.

En concreto, Galicia é actualmente a primeira autonomía da Península coa tasa de actividade de persoas con discapacidade máis baixa, nun 28,8 % (e a segunda de toda España, só por detrás da Illas Canarias, cun 25,6 %). Esta porcentaxe supón estar 5,8 puntos por debaixo da media estatal, nada menos, fixada no 34,6 %. 

En 2020, a porcentaxe galega era dun 30,5 %, polo que baixou en 1,7 puntos porcentuais. En España, ao contrario, subiu. De feito, estaba nun 34,3 % e pasou a un 34,6 %. E aínda máis preocupante que iso é que en comparación con outras autonomías, a galega no 2020 ocupaba a quinta posición pola cola de comunidades con maiores tasas de actividade, polo que en tan só un ano empeorou nada menos que catro posicións, ata estar xa de penúltima.

En termos absolutos, o número de persoas con discapacidade galegas no ano 2020 era de 129.900, que convertíronse no 2021 en 130.900. A nivel estatal serían no 2020 aproximadamente 1.933.400, e pasaron a 1.929.400 no ano 2021. Por tanto, Galicia representa o 6,78 % do total do país, porcentaxe moi en consonancia co da poboación sen discapacidade recoñecida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta