Xulgan unha condutora pola morte de dúas persoas nun accidente de tráfico no que deu positivo en substancias

Consumira alcol e fármacos antidepresivos e antipsicóticos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2022 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, celebrará os días 19, 20 e 21, con tribunal de xurado, un xuízo contra unha condutora pola morte de dúas persoas que ían noutro coche. Na proba da alcoholemia, a acusada deu positivo, ademais de detectarse o consumo de fármacos antidepresivos e antipsicóticos.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Fiscalía pide para ela a condena por un delito contra a seguridade viaria baixo os efectos do alcol e dous delitos de homicidio por imprudencia. Pide unha pena de catro anos de prisión, ademais do pago dunha multa.

Os feitos producíronse sobre as 18,35 horas do 4 de maio de 2019 cando a muller conducía pola estrada AC-305 (Padrón-Ribeira), punto quilométrico 34.850, "facéndoo baixo os efectos dunha inxestión alcohólica precedente", ao que suma o consumo de "fármacos antidepresivos e antipsicóticos".

O Ministerio Público sinala que a muller circulaba a velocidade excesiva, en concreto "a uns 130 quilómetros por hora cando o límite de velocidade establecido era de 50-70 quilómetros/hora, dando bandazos da marxe dereita á esquerda da estrada, chegando invadir en varias ocasións o carril contrario".

Sinala tamén que, finalmente, acabou chocando frontalmente contra un vehículo que circulaba de maneira correcta e que ía ocupado por dúas persoas, que faleceron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta