A Deputación de Pontevedra pecha o ano de 'SmartPeme' con cinco novos obradoiros en liña

Por E.P. | Pontevedra | 18/12/2022 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra, a través de 'SmartPeme', ofertará cinco novas formacións en liña esta semana antes de rematar o ano. As accións tratarán temas de estratexia de mercadotecnia, posicionamento en buscadores, información sobre phishing (suplantación de identidade), redes sociais para establecementos turísticos e utilización de Google Data Studio ou Canva.

Carmela Silva na presentación dos novos eixos de traballo de SmartPeme.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Carmela Silva na presentación dos novos eixos de traballo de SmartPeme.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS

Segundo informou a Deputación, este luns haberá dúas formacións con carácter telemático, a primeira delas pola mañá sobre ciberseguridade co experto en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire. Un taller que pretende achegar aos usuarios ao concepto de 'phishing' ou suplantación de identidade, que é a forma "máis perigosa e efectiva" de ciberataque.

Ademais, esa mesma tarde a graduada en Publicidade e Relacións Públicas Laura Carreira abordará como traballar correctamente o SEO e o SEM ensinando como situar palabras clave para garantir un oco no mercado en liña.

Ao día seguinte, o martes 20, a graduada en Turismo, Patricia Cabaleiro impartirá un taller sobre as vantaxes e inconvenientes de usar as redes sociais como estratexia para captar clientes. Durante o horario de tarde, será a quenda da licenciada en Publicidade e Relacións Públicas María Aller, que dirixirá unha formación para pequenas e medianas empresas sobre o uso de Google Data Studio.

Así mesmo, o último curso será o mércores e estará impartido pola titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico Lara Taboada, que explicará como crear un Linktree, unha ferramenta que permite ao usuario unificar distintas ligazóns das súas respectivas redes sociais, con Canva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta