Galicia, por baixo da media do PIB europeo

Baleares e Canarias encabezaron o repunte do PIB en 2021.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2022 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

Baleares e Canarias, as dúas comunidades autónomas que máis recortaron o seu PIB en 2020 pola pandemia, foron precisamente as que máis o elevaron ao ano seguinte, en 2021, con avances do 10,7% e do 7%, respectivamente, segundo os datos da Contabilidade Rexional publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

O organismo difundiu este luns estes datos tras incorporar a esta estatística rexional a variación do PIB estimada para o conxunto de España en 2021 (+5,5%) publicada o pasado mes de setembro. De acordo co INE, tras os avances nas illas, destacan tamén os crecementos en Navarra e Cataluña, con subidas do PIB do 5,9% e do 5,8% en 2021, respectivamente.

No outro extremo, cos incrementos menos acusados, sitúanse Castela e León (+4,3%) e Aragón (-4,4%). Nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla, o crecemento do PIB foi algo máis baixo, do 4% e do 4,1%, respectivamente.

Segundo Estatística, dez rexións presentaron en 2021 aumentos do seu PIB superiores ao da Unión Europea (UE-27), que foi do 5,4%. No caso de Galicia, situouse lixeiramente por baixo, no 5,1%.

O peso dos salarios no PIB galego subiu
O peso dos salarios no PIB galego subiu | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta