Marea Atlántica insta o goberno local a buscar unha "alianza metropolitana" sobre a planta de residuos de Nostián

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/12/2022 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

A Marea Atlántica instou ao goberno local a defender o modelo da planta de tratamento de lixos de Nostián ante o Estado e buscar unha "alianza metropolitana" para resolver os "problemas" na instalación.

En concreto, reclamou que se convoque a Mesa de Alcaldías da área metropolitana para "recuperar o diálogo", expuxeron, en rolda de prensa, a portavoz da Marea Atlántica, María García, e o candidato á Alcaldía, Xan Xove.

Ambos apelaron a defender, ante o Ministerio de Transición Ecolóxica, o modelo "húmido-seco" na xestión dos residuos e rexeitaron abandonar este modelo. "Pode supor perder varios millóns de euros en ingresos pola recuperación de envases", argumentou Xove.

Por outra banda, denunciou que "despois de tres anos e medio, o contrato da planta de tratamento de residuos de Nostián, a maior do Concello, siga en prórroga forzosa" e lembrou, respecto diso, as mobilizacións do persoal.

A portavoz da Marea Atlántica, María García, e o candidato á Alcaldía, Xan Xove, en rolda de prensa
A portavoz da Marea Atlántica, María García, e o candidato á Alcaldía, Xan Xove, en rolda de prensa | Fonte: Marea Atlántica

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta