O BNG denuncia no Congreso un novo "atraso" na licitación da intermodal de Ourense

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama atender "todas as carencias" que presenta a día de hoxe a estación intermodal, recollidas no estudo informativo asinado entre as diferentes administracións.

Por E.P. | OURENSE | 19/12/2022 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denunciou o "incumprimento" dos prazos de licitación das obras pendentes de execución na estación intermodal de Ourense.

Así, rexistrou, con carácter urxente, iniciativas na Cámara Baixa para que o Adif axilice os trámites e resolva, no primeiro trimestre de 2023, esta licitación.

Do mesmo xeito, reclama atender "todas as carencias" que presenta a día de hoxe a estación intermodal, recollidas no estudo informativo asinado entre as diferentes administracións.

Para o parlamentario nacionalistas, na súa visita a Ourense, a secretaria de estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, recoñeceu "de facto o incumprimento ao marcar un novo prazo", cando sinalou que esperaba a licitación das obras non máis tarde do primeiro trimestre de 2023.

"O Mitma leva máis de tres anos prometendo a licitación das obras na estación intermodal. Comezaron anunciando a licitación para o 1 de xullo de 2019 de todas as obras, pero agora Adif atrasa a licitación para o primeiro trimestre de 2023", constatou.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego | Fonte: Alejandro Martínez Vélez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta