Tres feridos nun accidente entre un coche e unha furgoneta en Vilasantar

O incidente provocou o corte da estrada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2022 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

Tres persoas tiveron que ser trasladadas a un hospital tras sufrir un accidente de tráfico na AC-840 ao seu paso pola localidade coruñesa de Vilasantar.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos, nos que se viron implicados un turismo e unha furgoneta, tiveron lugar entre os quilómetros 26 e 27 da AC-840, en Vilasantar. Foi un particular quen informou ao 112 Galicia do accidente sobre as 07,30 horas. O alertante confirmaba que había feridos e que os vehículos quedaran entorpecendo a circulación.

De feito, cando chegaron ao momento, os Bombeiros de Arzúa comprobaron que había un vehículo en cada carril, o que obrigou a cortar completamente o tráfico durante a intervención dos servizos de emerxencias.

Coche da Garda Civil de tráfico xunto a un camión
Coche da Garda Civil de tráfico xunto a un camión | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta