O "atraso importante" en informes psicolóxicos obriga a reforzar os equipos de traballo do Instituto de Medicina Legal

Así o manifestou o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/12/2022 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, manifestou que se reforzarán os equipos do Instituto de Medicina Legal (Imelga) ante o atraso "importante" en informes psicolóxicos.

Fíxoo a preguntas dos xornalistas tras asinar un convenio coa Fiscalía Superior de Galicia. Sobre as protestas para o reforzo dos equipos de psicoloxía, asegurou que por parte da Xunta levase "tempo traballando niso".

Sobre o motivo do atraso "moi importante" en informes pedidos polo xulgado, atribuíuno a cambios lexislativos "que non viñeron acompañados de orzamento", dixo sobre o Goberno central.

Con todo, sinalou que esperan que a principios do próximo ano estea asinado o convenio co Colexio de Psicólogos e tamén co colectivo de traballadores sociais "para ter máis equipos" e "porse ao día" nun prazo "razoable" na elaboración dos citados informes.

Edificio do Imelga
Edificio do Imelga | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta