A Covid deixa dous novos falecidos e aumento de casos en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2022 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

Os casos activos por covid mantéñense en aumento en Galicia, pasando dos 2.173 a datos das 18,00 horas do martes, aos 2.280, co último parte facilitado polo Sergas ás 18,00 horas do mércores.

O número de persoas falecidas con covid ascende a 4.001 tras notificarse nas últimas horas outras dúas mortes: un home de 99 anos, na área sanitaria de Vigo, o pasado 19 de decembro, e unha muller de 81 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, o día 20.

Con 2.004 pacientes en seguimento nos seus domicilios, do total de 2.280 casos activos, 511 son da área da Coruña; 254 da de Lugo; 336 da de Ourense; 217 da de Pontevedra; 478 da de Vigo; 323 da de Santiago e 161 da de Ferrol. O número de casos abertos nas últimas 24 horas é de 195, deles 51 na da Coruña; 13 na de Ferrol; 19 na de Lugo; 20 na de Ourense; 32 na de Pontevedra; 27 na de Santiago e 33 na de Vigo.

INGRESADOS

Do total de pacientes positivos, cinco están en UCI e 271 en unidades de hospitalización. Deses, 92 ingresados en planta na área da Coruña-Cee, cun en UCI; 13 na de Ferrol en planta, con outro en UCI e 22 ingresados en unidades de hospitalización na de Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos, sen ningún en unidade de coidados intensivos.

Na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras son 30 persoas en planta e unha en UCI e na de Santiago de Compostela-Barbanza, 39 en planta e unha en UCI. Tamén na de Vigo hai unha persoa en unidade de coidados intensivos e 52 noutras unidades, mentres que na de Pontevedra-O Salnés non hai ningún en UCI e 23 están en planta.

Preparación de vacinas contra a Covid na área de Pontevedra e O Salnés
Preparación de vacinas contra a Covid na área de Pontevedra e O Salnés | Fonte: ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta