Empeoran os indicadores de pobreza enerxética en Galicia, mentres melloran no Estado

Aumentan o indicarod de gasto desproporcionado e o de temperatura inadecuada na vivenda no inverno.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2022 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

Galicia experimentou un incremento de ata máis de dous puntos en varios indicadores de pobreza enerxética, segundo os resultados dun informe do Observatorio Europeo de Pobreza Enerxética. A pesar de estar na oitava posición no ranking de autonomías, Galicia rexistrou un incremento significativo en varios dos índices analizados.

Así, subiu o indicador de gasto desproporcionado (+2,49 puntos) e o mesmo ocorreu con este sinalizador adaptado (+2,33 puntos). Este estudo inclúe unha adaptación dos indicadores calculada a partir da media das medianas do últimos cinco anos.

Tamén aumentou o indicador relativo á temperatura inadecuada na vivenda no inverno (+3,4 puntos) e o referente ao atraso en pago de facturas de subministracións da vivenda (+ 0,7 puntos).  Como contraste figura un descenso no indicador da pobreza enerxética escondida (-1,59 puntos) e adaptada (-1,14 puntos) con respecto ao ano 2020.

O INFORME

En concreto, trátase da 'Actualización de Indicadores 2022', que analiza a evolución en España respecto de anos anteriores a través do catro indicadores propostos por este observatorio.

O informe establece como manifestacións da pobreza enerxética a incapacidade de manter unha temperatura adecuada no fogar, o atraso no pago das facturas, un gasto enerxético excesivamente baixo ou un gasto en subministracións enerxéticas que é desproporcionado sobre o nivel de ingresos. Ademais, ten en conta a situación de emprego, o número de membros do fogar e a zona climática. No conxunto estatal, en termos xerais produciuse unha mellora nos valores, exceptuando o de temperatura inadecuada na vivenda no inverno, que empeorou (+3,4 puntos).

Mapa da pobreza enerxética en España nos anos 2004, 2010 e 2015
Mapa da pobreza enerxética en España nos anos 2004, 2010 e 2015 | Fonte: Energy Policy 113 (2018) 420–429.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta