A Covid provocou xa a morte de 4.000 persoas en Galicia

A 23 de nadal hai 2.384 casos activos, 104 máis que 24 horas antes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2022 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Os pacientes hospitalizados por covid en Galicia diminuíron con respecto á xornada anterior, mentres continúa a alza sostida de casos activos e os falecidos pola pandemia superan as 4.000 persoas.

Así o reflicten os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade, con información recollida ata as 18,00 horas deste xoves. En concreto, en Galicia hai 2.384 casos activos, 104 máis que 24 horas antes, e en 24 horas detectáronse 195 casos, fronte aos 182 da xornada anterior. As vítimas mortais superan as 4.000.

Por áreas sanitarias, todas experimentan este venres un incremento en casos activos excepto Lugo, onde baixan lixeiramente, ata 252. No resto, a que ten máis casos é A Coruña, con 551, seguida de Vigo (499), Ourense (338), Santiago (333), Pontevedra (227) e Ferrol (184).

En canto aos pacientes hospitalizados, son 273 (266 en planta e sete en UCI), tres menos que a xornada anterior. Deles, 93 están na Coruña, 49 en Vigo, 38 en Santiago, 27 en Ourense, 25 en Lugo, 23 en Pontevedra e 18 en Ferrol.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando pacientes con covid-19 dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando pacientes con covid-19 dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta