Xa sabes que tempo teremos en Noiteboa e Nadal?

As previsións non son moi boas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2022 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

Galicia prepárase este fin de semana unhas festas pasadas por auga. Así, espéranse choivas fortes e persistentes para Noiteboa, que irán remitindo lixeiramente o día de Nadal.

Segundo a información de Meteogalicia, durante a xornada do sábado, Noiteboa, Galicia continuará baixo a influencia dunha fronte que traerá ceos anubrados e choivas persistentes, tal e como ocorreu nas xornadas pasadas.

As choivas serán máis intensas na metade oeste e no norte de Lugo e as temperaturas sufrirán un libero descenso: as mínimas oscilarán entre os 9 e 13 graos e as máximas entre os 18 e os 13 graos.

De feito, na maior parte de Galicia, con excepción da Mariña e o interior de Ourense, estará activa a alerta amarela por choivas, que será laranxa no suroeste da Coruña durante a madrugada.

Xa o domingo, Nadal, as choivas irán remitindo. Espérase unha xornada de ceos parcialmente cubertos e con choivas intermitentes, localmente fortes, máis frecuentes no suroeste. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, pero as máximas manteranse e os ventos serán frouxos.

Choiva na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
Choiva na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta