A II Estratexia galega da Economía Social axudará na transición verde e dixital

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2022 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, subliñou este venres que a II Estratexia galega da Economía Social 2023-2026, promovida pola Administración autonómica, "fará fincapé nos sectores económicos emerxentes e favorecerá a transición dixital, verde e cohesionada".

Segundo trasladou a Xunta nun comunicado, Lorenzana, que participou no acto conmemorativo do 10º aniversario da Rede Eusumo, agradeceu a traxectoria desta rede "forxando unha historia de valores" e de apoio "ás empresas con alma".

Lorenzana destacou durante a súa intervención que "é posible outra forma de enfocar e xestionar a economía para que sexa un medio e non un fin", así como para que "estea ao servizo do desenvolvemento persoal, profesional e comunitario a un mesmo tempo".

Nesta liña, remarcou que a Economía Social "achega solucións innovadoras desde o ámbito local para dar solución a retos de interese mundial, como a economía verde, o cambio climático ou a inclusión social".

Así mesmo, indicou que desde o Goberno galego son conscientes de que investir na Economía Social "é sumar colaboradores, crear rede e tecido asociativo, e multiplicar expoñencialmente as posibilidades do emprego na comunidade autónoma".

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, este venres no acto conmemorativo do 10º aniversario da Rede Eusumo de impulso á Economía Social
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, este venres no acto conmemorativo do 10º aniversario da Rede Eusumo de impulso á Economía Social | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta