Entra en vigor este sábado a lei de medidas urxentes para reducir a temporalidade no emprego público galego

A Xunta pretende dotar de "seguridade xurídica" e "axilizar" o proceso de convocatoria de máis de 10.300 prazas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2022 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público de Galicia.

A norma recolle na súa disposición última única, sobre a entrada en vigor, que o fará o día seguinte ao da súa publicación no DOG, isto é, este sábado.

A exposición de motivos apunta que a situación do emprego público na comunidade, así como no conxunto estatal, "vén marcada por un aumento da taxa de temporalidade que tivo orixe en diversas causas orzamentarias e organizativas derivadas da normativa básica estatal incluídas nos orzamentos xerais do estado".

Explica tamén que os procesos extraordinarios de estabilización que están agora iniciándose, o seu encaixe cos procesos de estabilización xa en marcha e coas ofertas de emprego que poidan realizarse no futuro (...) requiren "dunha serie de medidas ás que esta lei busca dar resposta".

Con base ao exposto, o articulado establece medidas "extraordinarias e temporais" en materia de emprego público dirixidas a articular os devanditos procesos extraordinarios de estabilización.

APROBADA O MARTES

A lei saíu adiante o pasado martes no pleno do Parlamento, coa abstención do BNG e o apoio do PSOE, que incidiu en que a norma responde a outra de carácter estatal.

A norma foi aprobada polo Consello da Xunta o pasado 13 de outubro e con ela o Goberno autonómico pretende dotar de "seguridade xurídica" e "axilizar" o proceso de convocatoria de máis de 10.300 prazas

Funcionario da Administración autonómica
Funcionario da Administración autonómica | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta