O conselleiro de Sanidade que o problema da Atención Primaria está na falta de médicos: "A ver se alguén cae da burra"

Culpou, unha vez máis, ao Goberno central de non poder formar a máis especialistas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2022 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que non se pode botar "a culpa" ás autonomías da situación na Atención Primaria e, en referencia ao Goberno central, manifestou que o problema está "na formación de médicos especialistas". "A ver se alguén cae da burra", dixo en alusión ao Ministerio de Sanidade.

Fíxoo ao ser preguntado, nun acto na Coruña, pola investigación de oficio do Defensor do Pobo e se se solicitou información respecto diso á autonomía galega.

O conselleiro asegurou que aínda que a Atención Primaria "ten problemas" vinculounos sobre todo á falta de "médicos especialistas". "Non nos deixan formar a máis", dixo sobre o Goberno. Por outra banda, argumentou que "o 82 % dos galegos que piden cita téñena en menos de catro días" nestes centros.

URXENCIAS DO CHUAC

Mentres, preguntado pola situación nas urxencias no complexo hospitalario universitario da Coruña, tras a denuncia de "colapso" por parte da CIG nos últimos días, apelou á "reforma importante" nesta instalación para "adaptarse á demanda".

Confiado en que nas próximas semanas haxa "algún avance" sobre a conclusión dalgunhas obras, insistiu que se busca sempre que os pacientes ingresen na unidade "máis adecuada". "E iso xera, ás veces, un pequeno atraso na subida, que non se pode producir ata que outros pacientes deixan esa habitación". Tamén defendeu que as urxencias do CHUAC teñen "o persoal adecuado".

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na firma dun convenio co colexio de farmacéuticos da Coruña
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na firma dun convenio co colexio de farmacéuticos da Coruña | Fonte: Consellería de Sanidade

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta