Rescatan sen vida a unha persoa que caeu ao mar no Naútico da Coruña tras pedir auxilio

A persoa pediu axuda sobre as 06.00 horas da mañá.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2022 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia rescataron este sábado a unha persoa que caera ao mar na zona entre Palexco e o Náutico, na Coruña. Xa fora da auga, os servizos sanitarios trataron de reanimalo, pero faleceu.

Segundo trasladou o 112 Galicia, varias persoas puxéronse en contacto coa central de emerxencias sobre as 06,00 horas para alertar de que escoitaban desde o pantalán os berros dunha persoa pedindo auxilio neste punto.

Con esta información, os operadores do 112 puxeron en marcha o operativo de rescate no que participaron profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros da Coruña, Policía Nacional e Policía Local.

Unha vez fóra da auga, a vítima recibiu asistencia médica por parte dos profesionais sanitarios, que non puideron facer nada por salvarlle a vida. Segundo fontes consultadas por Europa Press, as forzas de seguridade tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso. Non é a primeira vez que morren persoas nesa zona do porto da Coruña. 

Porto da Coruña
Porto da Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta