Os cascos vellos das cidades galegas, desertos para vivir

No casco antigo de Ourense só están habitadas o 5,6% das súas vivendas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 31/12/2022 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

A federación galega de empresas inmobiliarias espera un 2023 "estable en prezos", con menos operacións de compravenda de vivendas e cun aluguer con incremento de prezos e "máis presión" da demanda.

No seu balance anual de transaccións inmobiliarias, a federación galega destaca que o mercado da vivenda en compravenda, tanto usada como nova, pecha "o mellor ano da última década".

casco vello Ourense, paisaxe maltratada casco vello Ourense, paisaxe maltratada
casco vello Ourense, paisaxe maltratada casco vello Ourense, paisaxe maltratada

O balance incorpora un informe de vivendas baleiras nas sete principais cidades de Galicia, que recolle que Ourense é a única cidade de Galicia onde crece o número na comparativa decenal.

Ademais, sinala que o casco antigo de Ourense é a zona das sete grandes cidades galegas menos habitada cun 5,6%. "A habitabilidade do centro histórico que unicamente supuña xa un 8,8% da poboación da cidade hai unha década, agora só supón un 5,6%", constata. "E iso que o uso principal no casco antigo é residencial nun 95,23%", segundo engade.

INFORMES LOCAIS BALEIROS

Por último, o estudo inclúe un informe sobre locais baleiros no circuíto de comercialización en arrendamento, que indica que "as modificacións de aforro enerxético (inasumibles economicamente para moitos pequenos negocios), o incremento da factura da luz e custos enerxéticos, e o final da tempada estival está a incrementar o peche de actividades económicas e o aumento de locais comerciais baleiros na totalidade da comunidade".

A federación adianta unha previsión para o primeiro cuadrimestre do próximo ano "demoledora" que pode incrementar o parque de locais comerciais no circuíto de comercialización nun 15/20% debido á "forte desaceleración" da economía prevista e o incremento de custos financeiros e enerxéticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta