O Nadal provoca un aumento dos hospitalizados por Covid

Nos últimos días notificáronse tres novos falecidos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/12/2022 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

O número de casos activos por covid en Galicia e de hospitalizados aumentou nas últimas horas, segundo o último parte da Consellería de Sanidade con datos ás 18,00 horas do domingo. Así, don 2.342 os casos activos notificados e o de hospitalizados son 253 (248 en planta e cinco en UCI) fronte aos 235 rexistrados no último parte.

Dos 2.041 casos activos, 513 son da área da Coruña; 213 da de Lugo; 266 da de Ourense; 200 da Pontevedra, 407 da de Vigo; 285 da de Santiago e 157 da de Ferrol.

Por outra banda, en toda Galicia abríronse 64 casos nas úlitmas horas, dos que 13 corresponden á área da Coruña-Cee; catro á de Ferrol; cinco á de Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos; 10 á de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras; 12 á de Pontevedra-O Salnés; 10 á de Santiago de Compostela-Barbanza e 13 á de Vigo.

En canto aos hospitalizados, 82 están na da Coruña, cun en UCI, igual que a de Santiago de Compostela que ten, ademais, 32 pacientes en planta, e a de Vigo que ten, á súa vez, 41 noutras unidades de hospitalización.

Na de Pontevedra-O Salnés son dúas en UCI e 19 en planta, mentres que Ferrol; Lugo e Ourense non teñen ningún paciente en UCI, aínda que noutras unidades hai 26, 22 e 27 en cada unha delas.

O número de falecidos supera os 4.000, un total de 4.005, con tres novos falecementos notificados nas últimas horas, todos con patoloxías previas. En concreto, foron o 22 de decembro: un home de 85 anos na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés; unha muller de 84 anos; outra de 98 anos e outra de 91 anos, todas na área sanitaria de Vigo.

Nieves Cabo, da residencia Porta do Camiño, recibe a cuarta dose da vacina contra a covid-19
Nieves Cabo, da residencia Porta do Camiño, recibe a cuarta dose da vacina contra a covid-19 | Fonte: XOÁN CRESPO - XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta