O BNG recrimina ao Goberno non poñer un tope ao prezo do combustible nin baixe a cero o IVE do peixe

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala que a baixada do IVE no peixe "suporía un factor positivo para a saúde de toda a poboación e repercutiría de maneira positiva nun sector tan importante en Galicia como o pesqueiro"·

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2022 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, criticou o sexto paquete de medidas do Executivo central, ante a subida dos prezos, xa que "non topa o prezo final dos combustibles" e "exclúe os produtos pesqueiros, cun IVE do 10%, da baixada ou eliminación deste imposto a algúns alimentos básicos".

Segundo sinalou o Bloque nun comunicado, Rego censurou que, unha vez retirada a bonificación de 20 céntimos por litro en 2023, esta medida "debía ser substituída por outra máis eficaz no control dos prezos e máis xusta socialmente, como o establecemento dun tope ao prezo do litro para os consumidores finais".

Nesta liña, subliñou que "as grandes enerxéticas estiveron a obter lucros escandalosos durante a crise, polo que o tope aos prezos non só é posible, senón necesario". Así mesmo, denunciou "a falta de compromiso do Goberno do Estado coas familias e as clases populares" ao non contemplar no Real Decreto a baixada do IVE a produtos como o peixe a 0%.

Deste xeito, Rego indicou que esta baixada "suporía un factor positivo para a saúde de toda a poboación e repercutiría de maneira positiva nun sector tan importante en Galicia como o pesqueiro"· Doutra banda, o BNG valorou de maneira positiva a ampliación para 2023 de determinadas medidas de protección social ou o cheque de 200€ as familias que teñan rendas máis baixas.

Np Bng Congreso 27 12 2022 Bng. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Np Bng Congreso 27 12 2022 Bng. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta