O pai de Desirée Leal sobre a denuncia por ameazas: "Que se pode esperar dunha persoa que defende a unha asasina"

Confía en que se arquive

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2022 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O pai da nena Desirée Leal, asasinada en Muimenta en 2019, confiou este mércores en que se arquive a denuncia interposta contra el por ameazas pola actual parella da súa exmuller, acusada o crime.

Neste sentido, José Manuel Leal explicou que dúas testemuñas xa acreditaron que "non viron nin ouviron nada" en relación a estas ameazas, mentres que queda por declarar un terceiro. "Non houbo ameazas. Isto é a maldade humana que non ten límites. Que se pode esperar dunha persoa que vai defender a unha asasina", dixo, sobre a parella da súa exmuller, que volverá ser xulgada por este crime a partir do 27 de febreiro, despois de que a sentenza inicial, a prisión permanente revisable, fose anulada por defectos na argumentación do xurado popular.

Noutra orde de cousas, José Manuel Leal, confirmou que participa en Madrid nunha campaña de recollida de firmas contra a nova Lei de Familias, confesando que se opón á retirada do 'Pin Parental'. "Esas son cousas que non quixese para a miña pequena Desirée", resolveu.

Familiares e achegados de Desirée Leal, no momento no que chegou a principal acusada da súa morte, Ana Sandamil, no primeiro día do xuízo polo crime, na Audiencia Provincial de Lugo, a 7 de febreiro de 2022, en Lugo, Galicia (España). E. Carlos Castro - Europa Press
Familiares e achegados de Desirée Leal, no momento no que chegou a principal acusada da súa morte, Ana Sandamil, no primeiro día do xuízo polo crime, na Audiencia Provincial de Lugo, a 7 de febreiro de 2022, en Lugo, Galicia (España). E. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta