Portugal e Galicia, os principais destinos turísticos dos galegos en novembro

Máis de 120.000 foron ao país veciño e 443.000 moveronse polo interior da terriña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2022 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

Portugal, Francia e Reino Unido foron os principais destinos turísticos dos galegos en novembro, despois de que uns 158.010 cidadáns visitasen o estranxeiro o mes pasado, segundo unha estatística experimental que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE) e que mide o turismo a partir de teléfonos móbiles.

En concreto, preto duns 120.333 galegos visitaron Portugal en novembro, un 15% máis que no mesmo mes de 2021. Francia situouse como segundo destino 'preferido', pero moi por detrás do país veciño, con 9.648 persoas, un 29,3% máis. A terceira praza foi para Reino Unido, con 4.942 visitantes, un 153% máis. Seguen a lista Italia, Alemaña ou Estados Unidos.

Por provincias, os pontevedreses foron os que máis visitaron o estranxeiro, con case 100.000 turistas, na maioría dos casos, Portugal. A Coruña (31.382 turistas) , Ourense (21.140 turistas) e Lugo (6.183 turistas) rexistraron menos viaxes.

O INE tamén publicou este xoves unha estatística de turismo nacional interior, que recolle que case 715.180 galegos optaron por facer turismo dentro das fronteiras de España. Deles, máis da metade (443.210) quedou en Galicia, mentres que Madrid (76.063) e Castela e León (54.713) foron os destinos máis elixidos fóra de Galicia.

Ademais, as provincias galegas recibiron 679.704 turistas de toda España en novembro, dos cales 443.210 eran doutras zonas de Galicia. Madrid (69.833), Castela e León (36.584) e Asturias (32.661) son os principais lugares de residencia dos turistas que chegan a Galicia.

Free tour por Lisboa coa empresa Discover Lisbon
Free tour por Lisboa coa empresa Discover Lisbon

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta