(Vídeo) Pontón felicita o ano: "Cada ano volvo a esta cociña, porque desde as raíces somos capaces de avanzar"

Desde a casa familiar de Sarria, aposta pola "confianza en Galicia" para saír da crise.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2022 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, felicitou o ano desde a súa casa familiar en Chorente, cunha mensaxe reivindicativa e de "confianza en Galicia" e os seus cidadáns para saír desta crise e construír un futuro mellor.

Así, nun vídeo difundido por redes sociais, apelou ás súas vivencias persoais para transmitir a importancia do rural, o respecto aos maiores, para os que reclama o dereito a unha "vellez digna", e o valor do traballo das mulleres. Neste sentido, afirmou que "si ou si" o futuro será "en igualdade".

Ademais, salientou que lle "indigna" a deterioración dos servizos públicos, en especial a sanidade, para a que reclama que non se "roube o dereito á saúde". A líder do BNG reivindicou a importancia das "raíces". "Cada ano volvo a esta cociña, porque desde as raíces somos capaces de avanzar e, por iso, a pesar das dificultades, teño confianza no futuro, porque teño confianza en Galicia e en todos e todas vós", proclama na súa mensaxe.

Nesta liña, Pontón manifestou a súa esperanza no futuro de Galicia, os sectores produtivos e empresas que cada día "sacan adiante" o seu negocio, á vez que destacou o papel da mocidade, que se implica no planeta e en atopar alternativas "aquí".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na súa mensaxe de fin de ano desde a casa da súa familia en Chorente, en Sarria
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na súa mensaxe de fin de ano desde a casa da súa familia en Chorente, en Sarria | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta