Toda a cidade de Pontevedra é unha zona de baixas emisións e Vigo di que non "multará" por circular en zonas protexidas

Críticas a Barcelona ou Madrid por non cumprir os parámetros marcados pola UE.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 29/12/2022 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra empezará o ano 2023 coa tranquilidade de saber que o municipio cumpre "sobradamente" coas esixencias da nova lei de Cambio Climático e Transición Ecolóxica que contempla a entrada en vigor o próximo 1 de xaneiro das Zonas de Baixas Emisións (ZBE) cumprindo ademais "cos parámetros máis esixentes da Organización Mundial da Saúde".

O concelleiro de Infraestruturas e Ordenación do Territorio, César Mosquera, lembrou que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea condenou a España por non adoptar as medidas necesarias para frear o incumprimento sistemático dos límites legais de dióxido de nitróxeno do aire en Madrid e a área metropolitana de Barcelona entre 2010 e 2018.

Segundo indicou o edil nacionalista "partimos dun marco absolutamente retorto e perverso, non arranxamos os problemas onde hai alta contaminación, damos un salto no baleiro e pomos a todas as cidades de máis de 50.000 habitantes cunhas solucións que non se corresponden co seu tamaño nin coa súa dinámica".

Unha densa capa de contaminación no aire apenas deixa ver o tráfico nunha autoestrada
Unha densa capa de contaminación no aire apenas deixa ver o tráfico nunha autoestrada | Fonte: Europa Press.

En Pontevedra, todo o centro urbano, unha superficie de 324 hectáreas, é zona de tráfico reducido, segundo recolle no seu Plan de Mobilidade Urbana Sustentable "e resulta que Madrid e Barcelona seguen sen cumprir os parámetros de contaminación e nos demais hai un cumprimento xeneralizado". "As cousas que nacen mal dificilmente van ir ben", valorou Mosquera.

VIGO

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que "non se multará" nas zonas de baixas emisións que se van a implantar na cidade olívica o próximo ano.

Na súa rolda de prensa diaria, o rexedor vigués sinalou que, tras coñecerse esta "imposición" da Unión Europea, "fíxose unha delimitación inicial en primeira fase de zonas de baixas emisións".

"Quero tranquilizar a todo o mundo. Esa delimitación inicial ten unha característica, non vai ser coercitiva. Facemos unha primeira aproximación, imos dialogar con toda a cidade e, ímolo a facer ademais, co acougo dun diálogo ben feito porque as zonas de baixas emisións teñen que ser zonas de consenso e de acordo. Non pode ser doutra forma", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta