Case 500 fogares en Galicia sen electricidade por problemas coa rede de Naturgy

Núcleos de Tomiño, Mos e Teixeiro están sen luz desde as 18.00 horas do xoves. Nalgunhas zonas a empresa habilitou xeradores de emerxencia.

Por Galicia Confidencial | Tomiño | 29/12/2022 | Actualizada ás 23:20

Comparte esta noticia

Case 500 fogares galegos están sen electricidade por problemas coa rede de subministración de Naturgy, algúns deles, desde as 18.00 horas.

Fachada da sede de Naturgy
Fachada da sede de Naturgy | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Así, e segundo puido confirmar Galicia Confidencial hai averias en parroquias de Tomiño e Mos, en Pontevedra e Teixeiro, na Coruña. En Mos son 171 os fogares sen electricidade, 154 en Tomiño e 137 en Teixeiro. Algunhas destas zonas, en concreto en Tomiño e Teixeiro levan desde pouco despois das 18.00 horas sen luz, mentres que a avería en Mos é de das 20.40 horas.

Segundo fontes de Naturgy consultadas por Galicia Confidencial, as avarías de Tomiño e Mos débense a problemas con cables subterráneos e hai xa equipos da compañía traballando na zona. De feito, en certas zonas xa funcionan xeradores que comezaron a suministrar electricidade ás vivendas.

Con todo e, ás portas do Fin de Ano, son moitas as familias que temen que, de prolongarse moito o corte de electricidade, poidan perder moitos dos productos que teñen mercado para a cea dese día e que se atopan conxelados ou no frigorífico. Ademais, este corte de luz tivo lugar xustamente nun día de temporal e algunhas persoas teñen problemas de inundacións en baixos e garaxes ao non poder funcionar as bombas de achique, tal e como puido comprobar GC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta