Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2022 | Actualizada ás 11:10
As licenzas outorgadas por municipios galegos para a construción de edificios de nova planta incrementáronse un 7,2% en setembro en relación co mesmo período do ano pasado, segundo datos difundidos este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE), recollidos por Europa Press.
En concreto, durante o noveno mes de 2022 concedéronse 223 licenzas para este fin, unha cifra superior ás 208 de setembro de 2021. Delas, 153 eran para edificios residenciais e 90 para edificios non residenciais.
Ademais, rehabilitáronse en Galicia 175 edificios en setembro, un 20,6% máis, e demoléronse 32, un 33% máis. A superficie total construída foi de 124.000 metros cadrados. En total, a variación neta do parque de vivendas galego foi de +268 en setembro, un 14% máis que as 235 vivendas construídas no mesmo mes do exercicio previo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.