Pontón ve ao PPdeG "esgotado e sen proxecto": "É un perigo para a saúde dos galegos"

O BNG sinala que o "o Goberno de Rueda é parte dos problemas de Galicia" e indica algunhas de prioridades para o 2023.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2022 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fixo balance este venres dun ano político de cambios na presidencia a Xunta e que definiu como "negro para o sistema público de saúde ante un Goberno que foi de disparate en disparate". Así, indicou que a estratexia do PP foi "arrastrar os pés e estar subordinado ás directrices de Xénova"

"Esgotado e sen proxecto de futuro", así chega o Goberno de Rueda ao fin deste 2022 para a líder dos nacionalistas, que destacou que o PP "goberna para unha minoría privilexiada, mentres é incapaz de axudar aos sectores produtivos e as persoas".

Deste xeito, criticou nunha rolda de prensa na Cámara galega a xestión dos populares no sistema público de sanidade "cunha fervenza de dimisións", así como "longas listas de espera e falta de profesionais na Atención Primaria". En materia de sanidade indicou que o PP "é un perigo para a saúde dos galegos" e que "non puxo nin unha soa residencia publica en marcha, senón que apostou por un modelo de negocio privado".

Ademais, volveu a tachar a actitude do Goberno galego ante a crise de prezos de "insolidaria" e criticou a "barra libre ás eléctricas". Tamén, falou da crise industrial e indicou que en 2022 "houbo máis de 800 cesamentos de actividade comercial".

Entre outros asuntos, Pontón referiuse a a situación do galego, nun ano en que a hai cifra marca de perda de falantes. Así, indicou que a escola "está convertida nunha máquina desgaleguizadora, despois de que o PP convertese o galego nunha lingua de segunda".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta